Glicoforina C

glicoforina C (grupo sanguíneo Gerbich)
Identificadores
Símbolo GYPC
Símbolos alt. GPC, GYPD, Ge, CD236, CD236R
Entrez 2995
HUGO 4704
OMIM

110750

RefSeq NM_002101
UniProt P04921
Outros datos
Locus Cr. 2 q14-q21

A glicoforina C (tamén chamada GYPC; CD236/CD236R; glicoproteína beta; glicoconectina e PAS-2') é unha sialoglicoproteína que xoga un importante papel funcional no mantemento da forma do eritrocito e na regulación das propiedades do material da membrana, posiblemente por medio da súa interacción coa proteína 4.1. Ademais, sabíase previamente que as membranas deficientes en proteína 4.1 mostran unha diminución no contido de glicoforina C. É unha proteína integral de membrana do eritrocito e actúa como un receptor para a proteína PfEBP-2 (proteína que se une ao eritrocito 2; baebl; EBA-140) do Plasmodium falciparum, parasito causante da malaria.

A que foi denominada glicoforina D hoxe considérase que é unha variante da glicoforina C, xa que están codificadas no mesmo xene. É resultado dunha tradución especial do mesmo ARNm (ver a sección Xenómica).


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search